Monday 06 de May de 2024

Acto central de campaña do BNG de Cabanas na Escola Laica


O BNG de Cabanas tamén presentou o seu vídeo electoral

Tras os actos de Laraxe e Lavandeira, o BNG de Cabanas celebrará o seu acto central de campaña este mércores, 24 de maio, ás 20h na Escola Laica.

No mitin participará o candidato á alcaldía de Cabanas polo BNG, Iago Varela, xunto coas persoas que ocupan os primeiros postos da candidatura.

Vídeo electoral

O BNG de Cabanas tamén vén de publicar o seu spot electoral para as municipais do próximo domingo, un vídeo no que chama a “levar o modelo BNG ao resto de áreas”, poñendo en valor a ilusión, o proxecto e o equipo que forma parte da candidatura coa que o BNG aspira a liderar o próximo goberno municipal.

Pódese ver neste enlace: https://youtu.be/xWOLvngcWaw